Galicia

Segue pechado ao tráfico o treito da A-8 no que houbo unha colisión múltiple o sábado

O tramo da Autovía A-8- entre os concellos lucenses de Abadín e Mondoñedo- na que o pasado sábado houbo unha colisión múltiple segue pechado ao tráfico mentres os servizos de emerxencias continúan traballando na vía.

Segundo a Garda Civil- que está desviando o tráfico pola N-634-, os efectivos aínda traballan no tramo no que se produciu o sinistro, retirando restos de vehículos da calzada, limpando a zona e repoñendo quitamedos e balizas danados.

No accidente, acontecido na mañá do sábado, víronse implicados preto de medio centenar de vehículos que colisionaron a causa da escasa visibilidade provocada pola néboa. Como consecuencia, unha muller faleceu e máis de 40 persoas resultaron feridas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.