Galicia

Queiman unha bandeira española durante unha concentración en Compostela

Persoas non identificadas queimaron este venres unha bandeira española ao remate da manifestación convocada por Nós-Unidade Popular en Compostela. Finalizada a mesma, na Praza do Toural, duas persoas prendéronlle lume á bandeira e desapareceron do lugar.

A protesta, á que acudiron centos de persoas, saiu da Alameda pasadas al 12 e media e, logo de rodear a Praza de Galicia, percorreu a zona vella e chegou ao Toural. Alí un voceiro dirixiuse aos asistentes reclamando a “autodeterminación” do pobo galego..

Nós-UP salientou que a unidade e a loita son “imprescindibles” entre berros de “presos nas cadeas e nol poder”. A organización defendeu que “os independentistas non son terroristas” e que “loitar pola terra non é un delito”. Para rematar o acto, os congrgados cantaron o Himno de Galicia.

 

Te podría interesar