Milleiros de persoas, en Compostela baixo o lema ‘En pé por Galiza. Soberanía, democracia, dereitos’

Con berros de “Independencia!”, ou “Galiza ceibe, poder popular!”, milleiros de persoas manifestáronse  este venres polas rúas de Compostela con motivo do Día da Patria, na tradicional marcha que o BNG convoca cada 25 de xullo “pola soberanía” de Galicia e co nacionalismo como “esperanza de futuro”.

Baixo o lema ‘En pé por Galiza. Soberanía, democracia, dereitos’, a marcha partiu da Alameda pasadas as 12 e cuarto, onde o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, chamou a “sumar forzas” para un “grande proxecto” nacionalista de esquerdas, co obxectivo de que todos estean “unidos” arredor das “reivindicacións de país e nación”.

Os manifestantes, entre eles membros de colectivos de diverso tipo, como Afectados polas ou emigrantes xubilados retornados, ateigaron a Praza da Quintana onde desplegouse unha xigantesca bandeira de Galicia.

 

You may also like