Comarcas

Inspeción de Traballo vai a por un sector que ‘ataca’ a economía: os ‘leiraparkings’ das praias do Morrazo

O Goberno vai agora polos «leiraparking», as fincas que están preto das praias do Morrazo onde podía deixarse o coche durante todo o día pagando un par de euros. Semella que o daño que poden facera o tecido produtivo é meirande que o que causan esas empresas nas que os traballadores están contratados a media xornada pero fan 8 horas…ou se cadra é moito máis doado- e da menos que facer- que inspeccionar algunha daquelas.

O caso es que inspectores de Traballo visitaron varios destes aparcadoiros e advertiron aos propietarios de que iban a multalos – mesmo poderían perder a pensión ou o paro- se non se daban de alta como autónomos antes deste xoves, día 16. O resultado? pois o peche das leiras e, como consecuencia, falla de aparcamento, colas e atascos de tráfico, estos días de máis calor, especialmente en praias coma Pinténs, onde mesmo a Policía Local tivo que cortar os acesos porque xa non podían entrar nin sair os coches.

É verdade que este ‘leiraparkings’ están sen regular, pero a realidade é que so funcionan dous meses ao ano e, como din os veciños, “so están cheos os fins de semán que fa ibo tempo”, polo cal a cantidade de cartos que gañan os seus propietarios- moitos dos cales viven cunha paga que non chega aos 645 € de salario mínimo- non supón un ‘fraude masivo’ e tampouco é unha actividade ‘sumerxida’ posto que deixar o coche nunha leira mentres vas á praia é un costume.

O caso é que o propio concello de Cangas entendeu que o peche dos ‘leiraparkings’ vai suponer, ademáis dun inconvinte para que a xente vaia ás súas praias en coche, unha perda para os negocios que dependen do verán para vivir- como bares e chiringuitos- e comprometeuse cos propietarios a solucionar o problema para evitar que, como xa fixeron moitos donos de fincas, se pechen. “Non me compensa darme de alta como autónomo, perdo máis do que ia gañar e non vou a poñer en perigo a pensión, así que acabouse”, comenta un dos propietarios.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.