Video Vigo al minuto

Multitudinaria manifestación en apoio aos traballadores despedidos de Citröen

Centos de persoas apoiaron este martes, manifestándose dende a Praza de América á factoría de PSA, a David e Paco, despedidos da fábrica de Citroën en Vigo o pasado 24 de xuño, ademáis de a Henrique Pérez e Miguel Anxo Dapia, integrantes da CIG e que, durante varios días- ata que tiveron que ser hospitalizados- permaneceron en folga de fame dentro da propia empresafolga que continúan Manuel  e Eduardo, e que cumpre hoxe 16 días-.

Segundo os representates da Central Intersindical Galega (CIG) os despidos non so non están xustificados senon que forman parte dunha ‘campaña de terror’ para evitar que outros traballadores se enfronten á empresa, dado que a medida tomouse sen, siquera, facer unha amonestación ao advertencia a Henrique e Miguel.

A CIG, ademáis de subliñar que esta é unha máis das consecuencias das medidas laboráis adoitadas polo Goberno, denunciou o comportamento doutros sindicatos, “como Comisións Obreiras” que “calan e se entregan e prefiren vivir tranquilos sen se buscar problemas”.

David e Paco  agradeceron a asistencia dos centos de persoas e amosaron a súa intención de seguir esixindo a súa readmisión xa que, insistiron, non houbo motivo algún para o seu despedimento

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.