Vigo al día

Á venda dende este luns as entradas para Malú e Jamie Cullum

A Concellería de Cultura e Festas pon á venda, este luns 14 de xullo, as entradas para os concertos de Malú e de Jamie Cullum, que terán lugar no Auditorio ao aire libre de Castrelos os días 29 de xullo (22:30 h) e 8 de agosto (23:00 h), respectivamente, e que se inclúen no programa ‘Vigo en Festas 2014’.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente en Servinova e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26), a un prezo de 8 € -máis gastos de xestión- no caso de Malú, e de 12 € -máis gastos de xestión- para Jamie Cullum -con cadeiras sen numerar-.

No despacho de billetes do auditorio, o día do concerto, terán un prezo de 10 € (Malú) e 15 € (Jamie Cullum).

 

También te puede interesar