Cultura

A Mesa califica de «insulto» adicarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde, pola súa actividade franquista

Filgueira Valverde co asasino Francisco Franco

A Mesa pola Normalización Lingüística rexeitou este domingo adicar o Día das Letras Galegas de 2015 a Xosé Filgueira Valverde por ser un «insulto a todas as persoas que padeceron o exilio, a cadea e mesmo a morte na defensa da lingua e a cultura galega”.

A Mesa fai unha condena do feito de que “unha persoa como Filgueira Valverde, que foi parte do franquismo, como alcalde de Pontevedra e procurador en Cortes” reciba este recoñecemento, “non pode ser, precisamente polo feito de que o franquismo dirixiu os seus ataques máis feroces contra a lingua e a literatura galegas con consecuencias que, en grande medida, padecemos hoxe”.

Segundo o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “adicar alegremente o 2015 a unha persoa da traxectoria de Filgueira Valverde é un insulto para aqueles que, nas peores circunstancias fixeron todo o posible para dignificar a lingua galega”.

Maceira salientou que “si a lingua galega está viva e conta cunha rica producción literaria e cultural é grazas a persoas que sofriron a represión do réxime do que formou parte Filgueira”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.