RGPD - Cookies
Galicia

Manifestación o 24 de xullo en Santiago con reivindicacións variadas de Galicia

A convocatoria, en contra da impunidade dos responsables no Prestige

Asociacións de mozos galegos independentistas e soberanistas convocan unha manifestación o 24 de xullo na capital galega, contra a crisis demográfica da comunidade, a lei do aborto, a Lomce, e diversos temas de interese como o Prestige ou a traxedia ferroviaria de Angrois. A convocatoria comezará ás 20:00 horas na Alameda.

No comunicado explícase que a Comunidae perdeu en 5 anos 120.000 galegos de entre 15 e 30 anos, debido a aceleración da grave crisis demográfica do territorio galego. Cifras tráxicas que se complementan con desemprego xuvenil incrementándose nun 35%, empeorando os salarios e as condicións de traballo, ofrecendo como alternativas a emigración e a precariedade laboral.

En relación ao aborto, o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, expón que se trata «de una ley que anula el derecho de las mujeres a decidir sobre su propio cuerpo«. Engadindo que no derradeiro ano, oito mulleres foron s por razóns machistas. A manifestación acollerá a maiores, reivindicacions contra a impunidade dos responsables na maior catástrofe medioambiental da Comunidad galega, o Prestige; e a falta de vontade política na traxedia ferroviaria en Angrois.

 

También te puede interesar