RGPD - Cookies
Galicia

O salario medio baixa en Galicia un 2,9% e o das mulleres baixa, en porcentaxe, máis do dobre que o dos homes

O salario medio bruto anual en Galicia foi, en 2012, de 19.389,2 e, un 2,9% menos que en 2011, e o segunda máis baixo do Estado, so por riba de Canarias- 19.277,6 €-.

Así o recolle a ‘Enquisa anual de Estructura Salarial’ publicada este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), estudo que subliña a diferencia de salarios entre homes e mulleres: mentres os dos homes baixaron un 1,4% os das mulleres reducíronse máis do dobre, un 3,3%.

Exactamente, os galegos gañaron, de media, 22.059 € anuais, mentres que as galegas ingresaron 16.727 €- 5.332 € menos.

 

También te puede interesar