RGPD - Cookies
Vigo al día

Espectáculos e música tradicional a cargo de O Fiadeiro

Fotografía: Buydeal

A escola da A.C.F. O Fiadeiro realizará unha xornada de portas abertas para mostrar as dotes dos seus alumnos o próximo sábado 28 de xuño. Ás 18:00 horas comenzarán as heteroxéneas actuacións de baile, tanto moderno coma tradicional, canto, pandeireta, gaita e percusión, no salón de actos da Asociación Veciñal Santa Mariña de Cabral.

A partir das 20:00 horas iníciase un serán infantil con actividades lúdicas, música e sorteos para os rapaces que se aproximen ás instalacións. Posteriormente, terá lugar a mostra de baile tradicional coa participación de agrupacións musicais da comarca.

A oferta para o próximo curso ofrece a posibilidade de matricularse en clases musicais de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, asi como habilidades en debuxo e pintura ou de movemento.

 

También te puede interesar