RGPD - Cookies
Comarcas

Balnearios diurnos para maiores de 50 anos

Baixo o título Coidarte, achégase unha programación de balnearios diurnos destinada a persoas maiores, xubiladas, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, evitando situacións de soidade e fomentando a súa calidade de vida.

O programa consiste en pasar 5 tardes seguidas nun balneario, spas ou talasos. A duración da actividade será de 2 horas diarias, que inclúe o transporte desde os concellos ata as instalacións. O prezo será subvencionado nun 35% pola Diputación de Pontevedra e nun 10% polo concello adherido á iniciativa.

Os solicitantes deberán presentar as súas solicitudes ata o 23 de xullo no departamento de Servizos Sociais dos concellos adheridos ó programa, no Rexistro Xeral da Deputación ou por correo postal certificado. Segundo o caso, será necesario presentar o DNI, o certificado da pensión ou o informe do traballador social.

 

 

 

También te puede interesar