Galicia

Milleiros de persoas rodean o Parlamento de Galicia baixo o lema ‘Pan, traballo e teito’

Máis de 3.000 persoas rodearon este sábado o Parlamento de Galicia atendendo o chamamentto feito pola Plataforma das Marchas pola Dignidade para denunciar que a Cámara galega xa non lles representa e esixir que se poña ao servizo dos cidadáns.

Baixo o lema ‘Pan, traballo e teito’, a protesta saiu, pasado o mediodía da estación do tren de Compostela para percorrer as rúas da capital e rodear o Pazo do Hórreo atendendo un chamamento feito, á mesma hora, en varios territorios do Estado.

Durante a protesta, secundada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), as centrais  STEG, CUT’ os Bombeiros dos parques privados de Galicia ou o Sindicato Ferroviario, os manifestantes berraron lemas como ‘Na mobilización está a solución’ ou ‘Aquí está, aquí se ve, a clase obreira galega en pé’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.