Galicia

O BNG chama a manifestarse, este xoves, en contra da coroación de Filipe VI

O novo Rei co seu pai

O BNG fai un chamamento á cidadanía para que participe nas concentracións e actos de protesta, nas principais cidades galegas, este xoves en protesta pola coroación de Filipe VI baixo o lema ‘Polo dereito dos povos a decidir, pola república galega’.

O Bloque, que non participa no acto de coroación de Filipe de Borbón defende “un troco no actual modelo de Estado que, tendo como base a Monarquía e o bipartidismo PP-PSOE, está acabado e deslexitimado pola corrución”.

O que os nacionalista chaman ‘Operación Filipe’ non é máis, salientan, que “un golpe dos partidos do sistema e dos poderes económicos para continuar mantendo un réxime caduco que non pode dar solución aos problemas da maioría social”.

As concentracións serán en A Coruña: 20:00h. Casa Do Mar; Ferrol: 20:00h. Praza do Himno Galego; Santiago de Compostela: 19:30h. Praza de Praterías; Lugo: 19:00 H. diante da Subdelegación do Goberno; Ourense: 20:00h. Praza Maior; Pontevedra: 20:30h. Praza da Peregrina; Vigo: 20:00h. na Cruz do Castro; Vilagarcía de Arousa: 20:30h. Praza de Galiza; Burela: 20,30h, Praza da Mariña; Cangas: 20,30h, diante do Concello; O Barco: 20:30h. Praza do Concello;  Boiro: 20:30h. diante do Concello; Noia: 20:30h. diante do Concello; Monforte de Lemos: 20:30h, na Praza de España.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.