Cultura

¡Si, #ArdeLucus!

A décima edición do ‘Arde Lucus‘, que se celebrará dende este venres, 13 de xuño, ata o día 15, abrangue máis de 200 actividades, 70 delas «novidosas», e que organizan máis de 20 asociacións lucenses e o Concello, entre as que se inclúe un desfile de tropas romanas.

O desfile do ‘Arde Lucus’ celebrarase o sábado a partir das 8 da tarde arredor da Rolda da Muralla, -que permanecerá cortada ao tráfico- e as tropas, con máis de 800 soldados romanos, xuntaranse á altura da rúa Bispo Aguirre.

O circo romano tamén chegará o sábado, ás 6 da tarde, na explanada do Pavillón Municipal e accederase logo de pagamento de 2 € de entrada. O Concello de Lugo indicou que habilitará unha zona de acampada no Pazo de Feiras, cunha dispoñibilidade de máis de 1.000 prazas para os asistentes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.