Vigo al minuto

A Fiscalía investigará as posibles irregularidades nas multas impostas a Afectados polas Preferentes

A Fiscalía de Vigo anunciou este xoves a apertura de dilixencias para investigar as sancións impostas a membros das Plataformas de Afectados polas Preferentes de Tui e O Rosal, que protagonizaron numerosas protestas nos últimos dous anos.

A denuncia foi presentada por un grupo de afectados o pasado 6 de maio ante a Fiscalía para pedir que se investigasen as sancións, que ascenden a unha contía total de 18.000 €, e que consideran que son “unha persecución” e que responden a consignas políticas” para tratar de “reprimir” as protestas dos estafados.

Os afectados salientaron  que fose a Fiscalía a que decidiu abrir dilixencias é porque “é moi claro que hai unha persecución” contra os membros deste colectivo por parte de varias institucións.

De feito, segundo indican os afectados polas Preferentes, as sancións non remataron xa que, hoxe mesmo, o voceiro da Plataforma de O Baixo Miño recibiu unha nova sanción administrativa de 500 € da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, na que se sinala que foi o promotor e organizador dunha protesta da plataforma que tivo lugar o pasado 6 de maio, durante a celebración dun xuízo contra él a raíz dunha denuncia presentada polo alcalde de Gondomar –da que foi absolvido-, ainda que, como amosan as imaxes captadas polos xornalistas gráficos, estivo dentro do xulgado, xunto cos alcaldes de Baiona e Gondomar.

 

También te puede interesar