Vigo al minuto

Ruta de sendeirismo familiar no comezo da noite

O vindeiro sábado, 14 de xuño, os amantes da natureza poderán disfrutar da derradeira ruta de sendeirismo nocturna organizada polo grupo Andaina, pertencente a Asociación Cultural O Coto, a única da cidade que ofrece programacións enfocadas a familias e nenos. A marcha, de carácter gratuíto, congregarase ás 20:30 horas no Colexio Público Carballal, para disfrutar da ruta das cetáreas en A Garda.

A idea foi creada pola Confraría de Pescadores Santa Tecla de A Garda, un sendeiro á beira do mar que deixa ao descuberto as antigas construcións en pedra que almacenaban o marisco. As súas vendas ofrecían o sustento dos núcleos familiares deste concello

Recomendacións para os camiñantes interesados: non esquecer a  lanterna e levar vestimenta de abrigo debido á baixada das temperaturas pola noite, preto da costa. O desplazamento dende Vigo ata A Garda corresponde a cada particular.

Para máis información poden visitar a páxina www.ocoto.org, ou telefonar ó 986487957 / 676524529. As coordenadas GPS para a ubicación do Colexio Carballal son 42.234841-8.648078.

 

También te puede interesar