RGPD - Cookies
Vigo al día

O Bloque propón levar comida a casa dos nenos con problemas e o alcalde asegura que esa medida xa funciona

Un programa semellante a ‘Xantar na casa’ que leve a comida as casas dos rapaces, e as súas familias, do mesmo xeito que teñan cubertas as súas necesidades de comida do mesmo xeito que durante o curso escolar, pero sen ter que ir ao comedor.

Esa é a proposta que fixo a voceira do gripo municipal do BNG no Concello quen subliñou que a proposta é perfectamente asumible pola Concellería de Benestar, tanto pola viabilidade de facer chegar a comida ás casas como polo custo da mesma. Iolanda Veloso lamentou, ademáis, que “nin o goberno local nin a Xunta asuman a responsabilidade de atender a estos rapaces, e se lancen a pelota un ao outro mentres hai familias que o están a pasar moi mal».

En resposta á concelleira do Bloque, o alcalde indicou que os nenos xa están atendidos polo Concello mediante os programas de emerxencia social e rexeitou, de plano, a apertura dun comedor escolar durante o verán, posto que suporía poñer aos rapaces nunha situación de discriminación e visibilidade por outras persoas.

Abel Caballero, quen sinalou que a Xunta e a Deputación non aportan nada para atallar estos problemas en Vigo, lembrou que o Concello xa atende máis de 200 nenos a través dun programa que conta cunha dotación de medio millón de euros. Ademáis, subliñou, axudas de emerxencia social do Concello superan os 220.000 €, e as bolsas para comedores escolares superan os 2 millóns,e sempre que temos coñecemento de que hai algún neno que pode ter problemas o atendemos de inmediato”, concluiu.

 

También te puede interesar