RGPD - Cookies
Galicia

Iolanda Veloso non abdica pero sí renuncia a ser candidata do Bloque en Vigo ás municipais de 2015

A concelleira Iolanda Veloso/Tresyuno Comunicación

Segundo veñen de confirmar fontes do Bloque Nacionalista Galego en Vigo, a actual voceira municipal nacionalista, Iolanda Veloso non será a candidata do BNG á  Alcaldía da cidade nas Eleccións Municipais de dentro dun ano.

As mesmas fontes indican que a concelleira comunicou a súa decisión aos responsables do Bloque e explicou que esta decisión ven vencellada á de non presentarse na lista nacionalista en maio de 2015.

Sobre os motivos, estos son “persoais” e teñen que ver coa súa intención de retormar a súa carreira profesional lonxe da primeira liña da política municipal.

 

 

También te puede interesar