RGPD - Cookies
Vigo al día

Concentración en Vigo para esixir #Referéndum Xa para decidir entre Monarquía e República

Persoas concentradas este sábado diante do MARCO, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Centos de persoas- ainda que menos que o pasado luns, cando milleiros delas sairon á rúa– atenderon o chamamento de colectivos sociais, sindicais e políticos e concentraronse, pasadas as 7 da tarde deste sábado, 7 de xuño, diante do MARCO en Vigo para esixir un referéndum para poder decidir entre Monarquía e República.

A concentración coincide coas manifestacións convocadas en preto de 50 cidades de todo o Estado no que distintas organización e asociacións reclamaron o dereito a decidir sobre o modelo de estado que queremos; Unha clamorosa esixencia de superación do pacto constitucional do 78, do que moitas e moitos que aínda poden contalo, non participaron”; e do que todas e todosos que hoxe teñen menos de 57 anos, tampouco puideron ser partícipes”.

As forzas política e sociais convocantes consideran que neste contexto político aberto trala abdicación do Rei “o papel fundamental ten que xogalo á cidadanía e evitar que este intento de segunda transición relegada a un pacto de elites e de despachos sen o concurso do pobo”.

 

También te puede interesar