Galicia, líder mundial en Bandeiras Azuis

O presidente Feijóo entrega as 11 bandeiras azuis ao alcalde/Tresyuno Comunicación

Esta é a realidade. Galicia se sitúa á cabeza do Estado- que é o primeiro do globo en lugares con esta distinción- neste recoñecemento, con 173 bandeiras azuis, o que o fai o lugar do mundo con maior número destas distincións. Exactamente, 123 correspóndense con praias, 19 con portos, 14 cos denominados ‘centros azuis’ -como o Museo do Mar-, 15 con sendeiros azuis e 2 con iniciativas temáticas.

Os representantes de todos os concellos galegos con bandeira azul, este venres, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Este venres, no propio Museo do Mar entregáronse aos concellos que conqueriron a mesma cada un dos distintivos- dos que Sanxenxo, Vigo e Cangas están á cabeza-. No acto, o vicepresidente de Adeac- asociación que outorga as bandeiras azuis- lembrou que estas baséanse en “en criterios obxectivos consensuados internacionalmente”, que abranguen dende a calidade das augas, sostenibilidade, accesibilidade, seguridade ou plans e iniciativas a prol do medio ambiente, e que as candidaturas preséntase «de xeito voluntario ante un orgamismo completamente independente”.

José Salinas salientou que, cando se iniciou o programa de bandeiras azuis en 1987, Galicia contaba con 40 bandeiras, mentres que este ano acadou 173 das 573 de todo o Estado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.