Vigo al minuto

Convocan concentracións pola #IIIRepública, este sábado en toda Galicia

Colectivos sociais, sindicais e políticos convocan, este sábado, día 7 de xuño, en diferentes puntos de Galicia- coincidindo con outras manifestacións en todo o Estado- concentracións baixo o lema ‘Fora os Borbóns, pola República’. En Vigo será diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Este colectivo de organizacións fai un chamamento a cidadanía para que “reclame o dereito a decidir sobre o modelo de estado que queremos; Unha clamorosa esixencia de superación do pacto constitucional do 78, do que moitas e moitos que aínda poden contalo, non participaron”; e do que todas e todos “os que hoxe teñen menos de 57 anos, tampouco puideron ser partícipes”.

As forzas política e sociais que convocan consideran que neste contexto político aberto trala abdicación do Rei “o papel fundamental ten que xogalo á cidadanía e evitar que este intento de segunda transición relegada a un pacto de elites e de despachos sen o concurso do pobo”.

 

También te puede interesar