Comarcas

Cesantes xa ten a súa Bandeira Azul, a primeira na historia de Redondela

O alcalde de Redondela, Javier Bas, recolle a Bandeira Azul de Cesantes, este venres/Tresyuno Comunicación

A Praia da Punta, en Cesantes, será a primeira de Redondela no que se ice unha bandeira azul. Este venres, o alcalde Javier Bas recolleu a distinción en Vigo logo de que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñecese que dispón, ademáis dunha calidade de augas exceocional, duns servizos axeitados para os seus usuarios.

Javier Bas, calificou este feito como “histórico” e amosou o seu orgullo” polo feito de que recolla, ademáis, os criterios de seguridade e o respecto do medio ambiente. Bas subliñou que o reto é, ademáis de manter a calidade da praia, “por parte do concello e dos veciños”, traballar para “conquerir outras bandeiras azuis noutras praias de Redondela” e por iso, asegurou o obxectivo é que “nos vindeiros anos poidamos obter duas ou tres distincións como esta”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.