Paula Prado, voceira do PP de Galicia, presenta a súa demisión “irrevogable”

A voceira do Partido Popular de Galicia ven de anunciar que presenta a súa demisión logo de que se soubese que está sendo investigada na ‘Operación Pokémon’, unha suposta trama de pagos de empresas a políticos a cambio de concesións de servizos públicos.

A xuiza Pilar de Lara investiga, nunha peza separada, a Paula Prado logo de entender que houbo no seu comportamento “certas irregularidades que poderían ser constitutivas de infración penal” e chamar a declarar á deputada como testemuña.

En rolda de Prensa, Prado indicou que a súa demisión é “irrevogable” e que xa comunicou a mesma ao presidente da Xunta- que está de viaxe en Xapón- e ao presidente en funcións, Alfonso Rueda.

 

También te puede interesar