Sucesos

Mergulladores e un can experto en rastrexar, súmanse á busca do home desaparecido en Valdeorras

Varios mergulladores e un can experto en rastrexar, incorporáronse este marte á busca de Manuel González Rodríguez, de 60 anos, veciño de O Barco que desapareceu o pasado xoves. Segundo a Garda Civil, o dispositivo para dar con Manuel despregouse, de novo, pasadas as 10 da mañá e ao mesmo seumáronse  mergulladores do Instituto Armado (GEAS) e un guía canino procedente do Servizo Cinolóxico de Madrid, que é experto en corpos mergullados, e tamén unha patrulla de Seguridade Cidadá.

O vehículo de Manuel, un Opel Astra, atopouse o pasado venres preto do dique do Barco de Valdeorras. Hai que lembrar que este veciño de Valdeorras saíu do seu domicilio ás 6 e media da mañá do pasado día 29 para ir de pesca. Pasadas as 2 e media da mañá do venres a súa compañeira sentimental presentou denuncia na Guardia Civil de O Barco. Cando foi visto por última vez o home vestía pantalón vaqueiro, xersei verde e zapatos negros.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.