O líder dos socialistas galegos reclama unha reforma da Constitución logo da abdicación do Rei

Xosé Ramón Gómez Besteiro, líder dos socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral dos socialistas de Galicia declarou este luns, sobre a abdicación do Rei “ábrese un novo escenario para os cidadáns e temos que afrontalo”. Xosé Ramón Gómez Besteiro indicou que “neste novo escenario é tempo para a reforma constitucional baixo o prima do consenso como no ano 1978”.

O líder dos socialistas galegos indicou que logo da abdicación “ábrese un momento de reflexión e non só coa monarquía…os cidadadáns queren falar de gobernanza económica, da financiación do Estado, sa organización territorial…é neste ámbito onde debe afrontarse unha reforma constitucional sensata”.

Besteiro lembrou que os socialistas “somos republicanos” e engadiu que “no ano 75 contribuimos á aceptación dun modelo de monarquía parlamentaria: pensamos que era o mellor para o país e nese proceso de reforma, que é necesaria, non so pola cuestión da Xefatura do Estado, senon porque moitas cousas preocupan aos cidadáns e o xusto é que a sociedade non se estanque, senen que afronte estos problemas de xeito adulto e responsable”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.