RGPD - Cookies
Video Vigo al día

Milleiros de persoas saen á rúa en Galicia para pedir a chegada da ‘III República’

Os concentrados en Príncipe e Porta do Sol/Tresyuno Comunicación

Milleiros de persoas saíron á rúa en toda Galicia para pedir a «III República» e «un referendo” para elixir entre monarquía ou república tras o anuncio de abdicación do Rei. En Compostela, a Praza do Toural se encheu de bandeiras nacionalistas galegas e republicanas españolas.

A concentración diante do MARCO e ocupando Príncipe/Tresyuno Comunicación

Os manifestantes berraron lemas como «Galiza mañá, República será’; ‘Fóra, fóra, fóra, a bandeira española ou «Si, si, si, queremos decidir» e «Referendo xa, queremos votar».

En Vigo, concentráronse fronte ao Museo de Arte Contemporánea máis de 4.000 persoas ao berro de «Non hai dous sen tres, república outra vez» ou ‘Felipe, perdoa, quedas sen coroa’, “A lei de estranxería para a raiña Sofía” ou “Os cartos do Borbón para educación”.

A estatua de Príncipe cunha bandeira republicana/Tresyuno Comunicación

O representante da asemblea republicana da Vigo asegurou na sua intervención que “os cidadáns non queren rei, nin o que acaba de abdicar nin o que lles queren impoñer». Na súa opinión “democracia e monarquía son incompatibles” e pediu un referendo porque “a Xefatura do Estado ten que ser elexida polo pobo”.

Na farola de Urzáiz/Tresyuno Comunicación

Rematado o acto, os congregados sairon en manifestación polo centro chegando á Porta do Sol e seguindo por Policarpo Sanz e Colón, rúas que tiveron que cortar varios coches da Policía Local.

 

También te puede interesar