RGPD - Cookies

‘A Roda’ in concert

Foto: http://www.grupoaroda.es

O grupo folk A Roda comeza unha xira para presentar o seu novo traballo, un libro-disco titulado ‘Outra volta de roda’. Este recolle «as inqudanzas, as novas experiencia e a madureza» dos integrantes do grupo, segundo eles mesmos explicaron nun comunicado.

Este traballo, que se converte no número 16 do grupo, condensa «case 40 anos» a través da «mirada persoal» de cada un dos participantes.

O disco está composto por 13 cancións ou «voltas de roda» e “son unha «homenaxe» a toda a xente que pasou pola formación.

A xira, que abrangue os meses de maio, xuño, xullo e agosto, e pasará polos concellos coruñeses de Cariño e Ortigueira; polos pontevedreses da Illa de Arousa, Vila de Cruces, Cesantes e a propia cidade de Pontevedra; e polo municipio orensano da Proba de Trives.

 

También te puede interesar