¡Ave, Caesar, Arde Lucus te salutant!

A décima edición do ‘Arde Lucus’, que se celebrará do 13 ao 15 de xuño, ofrecerá 200 actividades, 70 delas «novidosas» e que organizan máis de vinte asociacións lucenses e o Concello de Lugo, entre as que se inclúe un desfile de tropas romanas.

O desfile do ‘Arde Lucus’ celebrarase o sábado a partir das 8 da tarde arredor da Rolda da Muralla, e as tropas, con máis de 800 soldados romanos, xuntaranse á altura da rúa Bispo Aguirre. O circo romano tamén chegará o sábado, ás 6 da tarde, na explanada do Pavillón Municipal e accederase logo de pagamento de 2 € de entrada. O Concello habilitará unha zona de acampada no Pazo de Feiras, cunha dispoñibilidade de máis de mil prazas para os asistentes.

Ademais, logo dun convenio con Iberia, todos os voos a Santiago e A Coruña disporán dun desconto do 15% con motivo de o ‘Arde Lucus’, unha festa que este venres se presentará na cidade portuguesa de Braga e da que se fará promoción nas casas de Galicia de Madrid e Nova York.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.