RGPD - Cookies

Queremos galego convoca mobilizacións o 17 de maio para a defensa da lingua

O Día das Letras Galegas, a plataforma cidadá Queremos Galego promove concentracións a nivel autonómico para defender o valor da lingua galega. Baixo o manifesto Un paso adiante e outro ADIANTE, Galiza!, ás 12:00 horas se iniciarán mobilizacións en oito zonas galegas.

Na cidade olívica, a manifestación partirá dende a saída de Vía Norte; en A Coruña terá o seu inicio a carón do Teatro Rosalía de Castro; Praza de Armas (Ferrol); Praza do Conde de Fontao (Foz); Xardíns de San Roque (Lugo); Alameda – Xardíns Bispo Cesáreo (Ourense); Praza da Peregrina (Pontevedra); e Porta Faxeira (Santiago de Compostela).

O manifesto de Marica Campo será exposto nas 8 concentracións, facendo referencia que “á nosa lingua, foille imposto históricamente un manual de redución. A que a reduciron? á oralidade, á fala; a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; a uns lugares, as aldeas; a unha idade, os vellos”. A plataforma expón que a cidadanía galega son “os responsábeis de lle asegurarmos continuidade”.

O eslogan Un paso adiante … defende o uso do galego nos medios de comunicación, Administración, Xustiza, celebracións relixiosas, oferta de ocio, as artes e as letras, novos soportes comunicativos ou no comercio, como espacios de fala galega dun dereito conquistado.

 

También te puede interesar