Cultura

A Audiencia Nacional apraza ao día 23 o estudo do asasinato de José Couso que quere arquivar a Fiscalía

O xornalista José Couso foi asasinado por soldados norteamericanos, aos que agora protexe o fiscal, en 2003

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional continuará deliberando o próximo 23 de maio sobre o futuro da causa na que o xuíz Santiago Pedraz investiga o asasinato do xornalista galego José Couso, a mans de soldados dos Estados Unidos, en 2003 durante a entrada en Bagdad das tropas norteamericanas.

13 dos 18 membros deste órgano, superior jerárquicamente ao xuíz instrutor, comezaron este venres o debate sobre o recurso presentado pola Fiscalía contra a decisión do xuíz Pedraz de negarse a arquivar a causa, que continuarán no próximo Pleno.

Os maxistrados teñen que pronunciarse sobre un recurso de queixa no que o Ministerio Público acusaba a Pedraz de construír «un andamiaje xurídico tan inusual como equivocado para manter custe o que custe unha competencia que non lle corresponde» e seguen instruíndo o ‘caso Couso’.

Con esta iniciativa a Fiscalía pretende que a Sala do Penal obrigue ao titular do Xulgado Central de Instrución número 1 a concluír o sumario e valore se a causa debe ser arquivada en virtude da reforma legal que limita a xurisdición universal ou sometida ao criterio do Tribunal Constitucional.

Pedraz rexeitou o pasado 17 de marzo arquivar este procedemento ao considerar que a limitación da Xustiza universal aprobada polo Congreso dos Deputados contraviría a cuarta Convención de Xenebra, que obriga a «perseguir os delitos contra as persoas e bens protexidos en caso de conflito armado».

A nova normativa establece que os tribunais españois só son competentes para investigar causas de xustiza universal cando os investigados teñan a nacionalidade española, residan no noso país ou existan indicios de que o delito se cometeu en territorio nacional.

A Fiscalía recorreu a súa decisión en reforma alegando que Pedraz se extralimitara e vulnerara «palmariamente» as normas de competencia funcional, ao negarse a pechar a posibilidade de que as partes formulasen unha cuestión de inconstitucionalidade contra a limitación da xustiza universal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.