Galicia

García Baquero se instalará en Palas de Rei e fará queixos baixo a denominación Arzúa- Ulloa

García Baquero, o maior fabricante de queixos de toda España, instalarase no concello lucense de Palas de Rei, nas instalacións da vella queixaría ‘Castillo de Pambre’.

Así o confirmou este xoves o alcalde, Pablo Taboada, quen indicou que será unha coa sinatura, en Alcazar de San Juan (Cidade Real), das escrituras sobre a propiedade. «Xa podemos dicir que García Baquero forma parte do parque empresarial de Palas de Rei”, indicou Taboada. García Baquero utilizará as instalacións da antiga fábrica, que leva parada 18 meses e que daba traballo a 9 veciños.

A empresa empezará a funcionar ao longo do verán de xeito que, en outono, xa poda empezar a fabricar queixo, que sairá á venda baixo a denominación Arzúa-Ulloa e estará orientado ao mercado local e á exportación. «A idea é exportar queixo Arzúa-Ulloa mesmo a Sudamérica, a Estados Unidos», asegurou o alcalde.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.