RGPD - Cookies
Deportes

A Volta Ciclista a España 2014 desenvolverá dúas etapas na provincia pontevedresa

Na provincia de Pontevedra, a Volta a España 2014 contará con dous percorridos, o xoves 11 de setembro, será a etapa 18 desde A Estrada ao Monte Castrove (Meis); e o venres 12, con inicio na Fortaleza de Salvaterra de Miño ata Cangas de Morrazo. O traxecto determinará os resultados finais da competición determinada pola dificultade das subidas ao Monte Lobeira, o Monte Castrove e o campo de golf de Domaio.

O evento deportivo permanecerá unha semana en Galicia, consolidándose como broche final da carreira a Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. O director xeral da Volta a España, Javier Guillén, señalou que a saída dende unha batea o ano pasado “foi o día de máis éxito da carreira, difícil de superar e inolvidable para a Volta pois contou cos tres requisitos básicos que o aseguran: ciclistas, un escenario extraordinario e 40.000 personas asistentes”.

Pola súa banda, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, expresou que ese inicio “foi un fito para Vilanova, algo irrepetible» ao multiplicarse por catro a cantidade de persoas na zona, ao mesmo tempo que lembraba o sentimento de orgullo dos emigrantes vilanovenses en Alemania, ao visualizar as imaxes dos seus veciños e da súa terra nos medios de comunicación.

 

También te puede interesar