RGPD - Cookies
Comarcas

Vendedores ambulantes chaman a concentrarse en Tui o luns en apoio ao ‘rei dos xitanos’

A Asociación de Empresarios e Vendedores Ambulantes de Galicia concentrarase o próximo luns, 5 de maio, ante os xulgados de Tui en repulsa pola posta en liberdade das persoas que participaron no asalto á vivenda de Olegario Giménez Morón, coñecido como o ‘rei dos xitanos’ de Galicia.

Esta concentración celebrarase ás 6 da tarde e nela, ademais de amosar o seu apoio á familia Giménez Morón, pedirase a dimisión da fiscal por non solicitar prisión para as persoas imputadas, segundo informa esta asociación.

Segundo a Asociación de Empresarios e Vendedores Ambulantes os imputados «intentaron asasinar» ao rei dos xitanos, polo que solicitan o apoio de «todas as persoas que non confían nestes momentos nas resolucións xudiciais, agrupacións xitanas» e doutras plataformas que «loitan contra o racismo, a xenofobia e todo tipo de inxustizas».

 

También te puede interesar