Vigo al minuto

O Parque das Illas Atlánticas, sede dun novo curso sobre visitas guiadas

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas será o escenario, do 9 ao 11 de maio, da segunda edición do curso de formación sobre visitas guiadas nos espazos naturais protexidos, que darán a coñecer os profesionais relacionados co sector turístico os valores deste ámbito protexido.

Coordinado por José Antonio Fernández Bouzas, director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o curso dotará os participantes das “técnicas básicas de comunicación para transmitir os valores do lugar e saberse desenvolver correctamente” no traballo cos visitantes.

Para iso, amosarase unha “visión integral” deste parque que “é referente de conservación e da sostenibilidade”, se ensinará a manexar técnicas de interpretación do patrimonio “para comunicar de xeito eficaz” e a deseñar paradas de visitas guiadas accesibles, e darase a coñecer os criterios de accesibilidade á hora de elaborar materiais escritos.

Os interesados poderán inscribirse ata o próximo martes, 6 de maio, no teléfono 653 226 737 e aboar unha matrícula cun importe de 50 €.

 

También te puede interesar