Vigo al minuto

A CIG xunta á maioría dos milleiros de personas que sairon á rúa en Vigo, convocadas tamén por CCOO e UGT

Manifestación da CIG, este xoves, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Milleiros de personas- entre elas os secretarios xerais dos sindicatos estatais en Galicia, o secretario xeral do PSd G-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, ou o alcalde- sairon á rúa en Vigo atendendo o chamamento para celebrar o do 1º de Maio.

O secretario xeral do PSdG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, co alcalde Caballero e o ex ministro Blanco/Tresyuno Comunicación

UGT e CC.OO. baixo o lema ‘Sen emprego de calidade non hai recuperación. Máis cohesión social para máis democracia’, aseguraron que as políticas de “recortes e austeridade”, e as restricións en materia laboral, entre ela a Reforma Laboral, están creando centos de miles de parados, como puxo de manifesto, este martes, a Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondente ao primeiro trimestre, que reflectiu que Galicia “achégase aos 300.000 desempregados” e que en son xa 101.500 os fogares nos que todos os membros activos se atopan no paro,

Por todo elo, “hai motivos de sobra para saír este Primero de Mayo ás rúas, a esixir un cambio de rumbo á vista de que as políticas de austeridade dos gobernos central e da Xunta só provocan paro, desigualdade, pobreza e recorte de dereitos sociais e laborais, ademais da deterioración dos sistemas de protección social“, incidiron.

Pola súa banda, a CIG- que xuntou na cidade a moitísimas máis personas que as centrais estatais– elixiu como lema ‘Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía’, para denunciar “a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta miles de galegos”.

A CIG sinalou que estamos nunha época de “emigración masiva de mozos que ven de empeorar polas políticas impulsadas pola Unión Europea e aplicadas polo Goberno do Estado e o da Xunta”. Os nacionalistas chamaron a organizarse “contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático”.

 

También te puede interesar