Comarcas

Afectados polas Preferentes do Baixo Miño péchanse na oficina de Novagalicia Banco en O Porriño

Ducias de Afectados polas preferentes de Baixo Miño pecháronse este martes, durante duas horas, na oficina de Novagalicia Banco do Porriño para premer a entidade para que resolva o conflito e cumpra o seu compromiso de darlles «unha solución».

Segundo o voceiro da Plataforma, estes peches son o tipo de medidas que van adoptar a partir de agora «se se segue alongando o incumprimento da nova xerencia da entidade».

Xulio Vicente salientou que aue no tempo que estiveron na oficina houbo enfrontamentos coa Garda Civil que chagou para desaloxalos e lembrou que “nos defendemos o que é noso, e non nos van a intimidar”.

Vicente lembrou que agardan polas explicacións do presidente Feijóo de porqué o PP votou no Congreso «en contra» dunha proposición non de lei para que recuperasen o seu diñeiro cando a proposta fora aprobada no Parlamento galego. «Feijóo debe dar unha explicación do acontecido e dicir do lado de quen está, se do seu partido ou dos cidadáns».

Os afectados teñen intención de seguir coas mobilizacións para que os concellos retiren as súas contas de Novagalicia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.