Deportes

Andaina ‘As Árbores e as Abellas’ organizada pola Asociación Sanomedio, en As Neves

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio– creada co espíritu de fomentar a práctica deportiva no medio natural disfrutando da natureza e dos beneficios da práctica deportiva así coma do ambiente de amizade e cooperación que xenera- organiza este xoves santo, día 17 de abril a Andaina «As árbores e as Abellas».

A mesma consistirá nunha Ruta polas Ribeiras do Termes dende a Fábrica de Paz de Vide, en As Neves– a saída será en vehículo dende a Praza de As Neves ata Vide-. O comezo da andaina será polo Termes e seguirá ata unha Zona Verde para a Prantación de árbores autóctonas, ademáis haberá unha charla-coloquio sobre a Influenza das árbores nas abellas e na elaboración do Mel

Haberá un avituallamento : Bebida, Requeixo e Mel – prezo: 1€ -; un xantar para adultos consistente en lacón con grelos- 12 €- e outro para nenos, carne asada. -5 €-.

As inscripcións poden facerse a través da web www.acdsanomedio.com ou a páxina de facebook  https://www.facebook.com/acdsanomedio.asneves

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.