Vigo al minuto

Piden para Vigo a capitalidade xudicial de Pontevedra

O decano do Colexio de Procuradores de Vigo, criticou o Anteproxecto da reforma da Lei de Demarcación e Plata Xudicial- que xa ten a aprobación do Consello de Ministros- e  indicou que o ministro Gallardón ten todos os informes que avalan a singularidade da cidade, atendendo a súa poboación, o número de asuntos que se atenden os seus xulgados de xeito que Vigo “reúne todas as condicións agás ser capital de provincia».

Manuel Castell non cre que o Goberno aprobé a excepcionalidade para Vigo, porque suporía que tamén recoñecer o mesmo para outras cidades, como Xixón ou Elxe, polo cal apostou por “solicitar é a capitalidade xudicial» da provincia e porque a cidade teña unha sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Pola súa banda, o alcalde, logo de entrevistarse cos procuradores, subliñou que, tras distintas reunións co mundo da xudicatura, constatou o «rexeitamento unánime» á Lei Gallardón, polo cal, do mesmo xeito que os procuradores, esixiu para Vigo a capitalidade xudicial da provincia e a metade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Se isto non é así, subliñou Caballero, desaparecerá a Administración de Xustiza na cidade, algo que fará posible que o Goberno non vaia a aceptar que haxa dúas capitais xudiciais na provincia -Vigo e Pontevedra- , ao tempo que asegurou que a intención de Gallardón “ten o apoio tácito da Xunta”. O alcalde lembrou que o actual vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, manifestouse “físicamente, na rúa” para que Vigo non tivese o segundo Xulgado Mercantil “e conseguiuno”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.