Galicia

Relacionan aos seis detidos en Santiago polos altercados do cerco co independentismo e anarquismo

FOTO: @ErnestoIlkermn/ A Policía vincula os seis detidos en Santiago en relación cos altercados producidos na protesta do sector do cerco, o pasado 11 de marzo, co movemento «independentista radical e o anarquismo». Aos detidos impútanselles delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade, lesións e danos.

Segundo fontes da investigación, a Policía desvincula as detencións cos propios mariñeiros do sector do cerco, que chegaron ata o Parlamento de Galicia para reivindicar unha nova repartición da cota da xarda e o xurelo nunha manifestación que rematou cun enfrontamento entre protestantes e policías nas rúas de Compostela.

Estas seis persoas, segundo as mesmas fontes, serían responsables dos grandes altercados da protesta de aquel día e «son coñecidas pola súa pertenza ao anarquismo e independentismo radical violento».

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, o 11 de marzo en Santiago, un grupo de persoas que acudiu á manifestación, a cal modificou o seu percorrido e das dependencias de San Caetano desviouse o Parlamento, «intentou romper o cordón policial, botando botellas e pedras aos funcionarios policiais e levando a cabo a queima de varios colectores».

A Policía engade que a «violenta actuación dun sector da mobilización provocou a intervención policial, producíndose diferentes incidentes nas zonas estremeiras» ao Parlamento, onde «grupos radicais montaron barricadas e produciron danos no mobiliario público».

A Policía sinala que, como consecuencia dos feitos, resultaron feridos oito axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) e detivéronse tres persoas, as cales pasaron a disposición do Xulgado de Garda esa mesma tarde, quedando en liberdade con cargos.

As investigacións que realizou a Policía desencadearon as novas seis detencións deste luns, despois de «comprobar que nos incidentes participaron individuos que non están relacionados co sector da pesca senon vinculados con grupos antisistema e tamén do ámbito do independentismo radical violento».

Os seis arrestados están pendentes de pasar a disposición xudicial en Compostela, unha vez rematadas as correspondentes dilixencias.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.