Vigo al minuto

O alcalde anuncia una «gran mobilización» para que Vigo sexa a sede xudicial central da provincia

O alcalde na concentración 'Salvemos Peinador'/Tresyuno Comunicación

Tras as manifestacións contra a fusión das caixas e a de ‘Salvemos Peinador’, o alcalde adiantou este luns que impulsará unha «gran mobilización» para esixir que Vigo sexa a sede principal do poder xudicial da provincia.

Caballero lembrou que a cidade é a que máis causas xera en Galicia e criticou o Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ), aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros que, subliñou, suporá «a desaparición do partido xudicial na cidade”. Na súa opinión, pretender que “Vigo funcione supeditado a Pontevedra, é unha falta de consideración coa primeira cidade do oeste de España».

O pasado 31 de marzo o Pleno da Corporación acordou, por unanimidade, instar o Goberno a que retirase esta proposta e fixese unha excepción no caso de Vigo para que poidan manter os seus órganos xudiciais.

«A sede oficial de Pontevedra ten que ser Vigo e se o proxecto contempla unha única sede provincial, ten que estar en Vigo», manifestou o alcalde quen anunciou que enviará cartas «a todos os membros do poder xudicial» e ao presidente da Xunta, reunirase cos representantes do ámbito xudicial para realizar unha demanda colectiva; presentará iniciativas no Congreso dos Deputados, no Senado, no Parlamento de Galicia e na Deputación de Pontevedra.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.