Comarcas

Lois Patiño lévase o Play-Doc con mención especial para outro vigués, Diego Romero

O vigués Diego Romero, durante a rodaxe de A Esmorga/Tresyuno Comunicación

O xurado internacional da décima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui concedeu o premio desta edición a Lois Patiño pola súa obra ‘Costa da Morte’.

O xurado destacou a aposta de Patiño «por desenvolver unha proposta onde se xunta origor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade».

O vigués Lois Patiño é un habitual do certame, que xa amosou en dúas ocasións anteriores os seus curtos paisaxísticos. Como elrecordou ao recoller o premio: «Levo vindo aquí cinco anos, ben como espectador ou coas miñas películas, e espero seguir facéndoo moitos máis».

Esta obra de Lois Patiño recibiu varios premios en diversos festivais como o de mellor director emerxente que se levou no Festival de Locarno, mellor filme no Ficunam de México ou o galardón á Mejor Película de non ficción na sección Novas Ondas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla (SEFF) 2013. «Deixei de contar», chanceou sobre o número de recoñecementos que tivo.

Lois Patiño (Vigo, 1983) compaxinou os seus estudios de psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid cos de cinema na escola Tai. Continuou a súa formación de cinema na NYFA de New York e en Barcelona, onde realizou o Master de Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra.

Pola súa banda, o tamén vigués Diego Romero-director de fotografía da recén rematada A Esmorga- recolleu unha mención especial por ‘Stop the Pounding Heart’. O filme está dirixido polo italiano Roberto Minervini, e Romero éo seu director de fotografía.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.