Centos de personas piden xustiza polo asasinato do xornalista José Couso

Centos de persoas concentráronse este domingo fronte á embaixada estadounidense en Madrid para pedir xustiza polo asasinato de José Couso, coincidindo co undécimo aniversario do mesmo.

Familiares e amigos interviñeron durante o acto para reclamar que se aclaren as circunstancias da morte e se xulgue os culpables. A nai de José Couso, Maribel Permuy, deu as grazas xuíz Santiago Pedraz, “que non é un xuíz estrela senón de xuíz que imparte xustiza e loita contra a impunidade. Grazas a que seguen eses xuíces estrelas como chama o Partido Popular, seguiremos pedindo xustiza e esperemos que antes de que eu morra vexamos sentados nun banco aos tres militares estadounidenses. Non quero un linchamento, quero unha investigación e un xuízo xusto”.

O xornalista galego faleceu durante a guerra de Iraq e dende entón o caso segue aberto. Recentemente, o xuíz Pedraz amosou a súa firme disposición a continuar coa investigación e negouse a arquivar a causa, asegurando que a reforma que limita a xurisdición universal ten “evidentes lagoas” que fan imposible a súa aplicación a este caso.

O acto, no que interviñeron David Couso, Maribel Permuy e Rafael Permuy, irmán, nai e tío do xornalista, ademais do avogado do caso, Enrique Santiago, contou coa participación de artistas como Amaral, Vetusta Morla e o grupo de percusión Samba Da Rua.

 

También te puede interesar