Centos de personas piden xustiza polo asasinato do xornalista José Couso

Centos de persoas concentráronse este domingo fronte á embaixada estadounidense en Madrid para pedir xustiza polo asasinato de José Couso, coincidindo co undécimo aniversario do mesmo.

Familiares e amigos interviñeron durante o acto para reclamar que se aclaren as circunstancias da morte e se xulgue os culpables. A nai de José Couso, Maribel Permuy, deu as grazas xuíz Santiago Pedraz, “que non é un xuíz estrela senón de xuíz que imparte xustiza e loita contra a impunidade. Grazas a que seguen eses xuíces estrelas como chama o Partido Popular, seguiremos pedindo xustiza e esperemos que antes de que eu morra vexamos sentados nun banco aos tres militares estadounidenses. Non quero un linchamento, quero unha investigación e un xuízo xusto».

O xornalista galego faleceu durante a guerra de Iraq e dende entón o caso segue aberto. Recentemente, o xuíz Pedraz amosou a súa firme disposición a continuar coa investigación e negouse a arquivar a causa, asegurando que a reforma que limita a xurisdición universal ten «evidentes lagoas» que fan imposible a súa aplicación a este caso.

O acto, no que interviñeron David Couso, Maribel Permuy e Rafael Permuy, irmán, nai e tío do xornalista, ademais do avogado do caso, Enrique Santiago, contou coa participación de artistas como Amaral, Vetusta Morla e o grupo de percusión Samba Da Rua.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.