Galicia

Amaral e Vetusta Morla actúan este domingo en Madrid para lembrar o asasinato de José Couso

Amaral e Vetusta Morla actuarán este domingo ás 12 e media, fronte á embaixada estadounidense en Madrid, para apoiar a familia do xornalista galego asasinadodurante a guerra de Iraq, coincidindo co undécimo aniversario da súa morte.

Como cada ano, familia, amigos e compañeiros concentraranse para «pedir xustiza pola súa morte». No acto, ademais das actuacións, tamén intervirán David Couso, Maribel Permuy e Rafael Permuy, irmán, nai e tío de José Couso, ademais do avogado do caso, Enrique Santiago.

O caso segue aberto 11 anos despois, tras o recente auto do xuíz Santiago Pedraz no que mostra a súa firme disposición a continuar coa investigación. O maxistrado negouse a arquivar a causa na que se investiga a morte do cámara, asegurando que a reforma que limita a xurisdición universal ten «evidentes lagoas» que fan imposible a súa aplicación a este caso.

«É fundamental reparar a dor dunha familia que pide xustiza, pero aínda máis importante é defender a liberdade de información e de prensa. Con esta nova reforma, o Goberno, obedecendo aos ditados das grandes potencias, deixa sen tutela xudicial aos cidadáns españois que viaxen ao estranxeiro e sexan vítimas de crimes de lesa humanidade», explicou a familia nun comunicado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.