Galicia

A reunión entre a Xunta e os concellos ‘críticos’ con Sogama remata sen acordo

A reunión entre o conselleiro de Medio Ambiente, e representantes dos alcaldes críticos coa suba do canon de Sogama –representados polos rexedores de Monforte, Ribadavia, Rianxo e O Barco de Valdeorras e o concelleiro vigués Ángel Rivas- rematou sen acordo e os alcaldes advertiron de que manterán as medidas de protesta contra este incremento do 34% que se aplicará este ano.

O concelleiro Hernández manifestou aos xornalistas que a Xunta trasladou «unha proposta clara, que pasa por crear unha mesa de negociación sobre o plan de residuos” e por que os concellos se incorporen ao consello de administración da empresa pública a través dunha entrada no seu capital. «Dá a sensación de que o único que querían era un compromiso dunha achega económica da Xunta, que nin é vontade do Goberno nin é posible», sinalou.

A proposta dos alcaldes consistía en repartir o incremento no canon entre os municipios, a Xunta e a propia Sogama e aseguraron ao remate da xuntanza que Medio Ambiente “déixanos sen saída, porque a do conselleiro é unha proposta inaceptable».

Á espera da resposta do resto dos ‘concello críticos’, os alcaldes adiantaron que as protestas continuarán e xa traballan nun recurso contra a suba do prezo que Sogama. Os alcaldes indicaron que trasladaron a súa disposición a deixar o prezo de 2014 como está» pero non existe un «compromiso» da Xunta de «ir á metade dese custo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.