Vigo al minuto

Milleiros de personas maniféstanse en Vigo en defensa da Sanidade Pública

Cabeceira da manifestación, este mércores diante do xeral/Tresyuno Comunicación

Milleiros de personas atenderon o chamamento da Plataforma Galega pola Sanidade Pública e acudiron este mércores pola tarde á manifestación convocada en Vigo. Baixo unha pancarta na que se leía ‘Pola Sanidade Pública. Que non fagan negocio coa túa saúde’, a mobilización- á que asistiron responsables de centrais sindicais ou de colectivos do personal sanitario, saiu pasadas as 8 do Hospital Xeral para seguir polo centro da cidade.

Os convocantes, denunciaron “os recortes en prestacións, servizos, persoal, privatizacións e copagos, a ausencia de negociación cos sectores afectados e o deterioro na sanidade pública”.A demáis delo subliñaron “a velocidade coa que a Xunta está acabando coa sanidade pública na zona de Galicia na que hai máis personas que dependen dela”.

Os convocantes lembraron, o mesmo día no que entra en vigor a reforma das áreas sanitarias de Galicia, que o goberno galego decidiu que os doentes da Área de Pontevedra e o Salnés “que tiñan de referencia o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pasen a agora a ter como tal o de Santiago”.

A plataforma volveu a advertir que os pacientes de Oncoloxía, Radioterapia, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Pediátrica, Fecundación in Vitro e Ciruxía Plástica, pasan a depender de Santiago, unha medida que, alerta, “perxudica á cidadanía don concellos da Área de Vigo”.

No manifesto, leído ao finalización da manifestación, os convocantes indicaron que a Sanidade é unha necesidade e un dereito. «Ante a enfermidade, precisamos duns servizos sanitarios que nos axuden a mellorar, a sobrelevar a debilidade que nos produce, a sandar. E estes servizos sanitarios deben atendernos a todos e todas por igual, sen discriminacións nin desigualdades».

Os concentrados lembraron que a igualdade só se garante cunha Sanidade Pública. «Despois de múltiples manifestacións cidadás, hoxe volvemos estar aquí porque este goberno segue a facer oídos xordos ás nosas demandas en defensa da Sanidade Pública». Porque «desde hai un tempo estase a desmontar a Sanidade Pública e xa non podemos acceder con equidade ao sistema sanitario, incrementáronse as desigualdades de acceso en función dos nosos ingresos, da zona onde vivamos».

Toda esta situación-continuaron-  agrávase «sendo máis agresiva coas persoas que teñen menos recursos». «A Sanidade Pública é patrimonio universal da cidadanía, lograda co esforzo de todos, por isto non imos consentir que a privaticen, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas e ao mellor postor».

Par rematar sinalouse que «esa é a folla de ruta que teñen marcada para os servizos públicos, esa é a súa meta: eliminar a Sanidade Pública para poder facer negocio coa enfermidade das persoas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.