Vigo al minuto

O alcalde fala do acordo co PP sobre os presupostos municipais, «¡qué pedazo de acordo!»

A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o líder do PP en Vigo, Chema Figueroa, este venres amosando que as relacións PP-PSOE melloraron/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou este venres os traballos de demolición do antigo restaurante As Dornas, en Samil, obra iniciada hai unha semana e que concluirá nun prazo estimado en 3 meses. Caballero anunciou que o mobiliario en bo estado será entregado aos comedores sociais que o precisen.

O Concello de Vigo creará unha zona verde no solar, unha vez rematen as obras de derrubo do inmoble, zona que «vai mellorar moito a praia de Samil e o seu aspecto ao suprimir un obstáculo visual moi consistente».

A preguntas dos xornalistas, Caballero repetiu que “haberá acordo” co PP para aprobar os orzamentos deste ano e criticou a aqueles que piden grandes acordos entre partidos e logo “rásganse as vestiduras cando esos pactos poden chegar”. O alcalde calificou de “actitude antiVigo” aquela de os que pretenden romper ese pacto e, insistiu, “haberá acordo, ainda que lle pese a intereses de fora”.

Caballero- que nos anteriores 6 presupostos chegou a acordos co BNG- indicou que algún deles tardou meses e que as negociacións co Partido Popular “van moito máis rápidas…os acirdos son procesos dinámicos e complexos…pero cando chegue..¡qué pedazo de acordo!…non é unha cousa calquera”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.