Vigo al día

Este xuño, Vigo será referente mundial en agricultura ecolóxica

Segundo informa este martes Galicia Confidencial, os principais referentes mundiais en agricultura ecolóxica, entre eles o economista chileno Manfred Max-Neef, premio Nobel de Economía Alternativa, ou a especialista en agricultura urbana e periurbana, Marielle Dubbeling, daranse cita a finais de xuño en Vigo no ‘V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica’.

O congreso está organizado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza e terá lugar os días 26, 27 e 28 de xuño de 2014. O lema desta edición é o de “Propostas agroecolóxicas ao industrialismo: recursos compartidos e respostas colectivas”.

O congreso conta co patrocinio da Universidade de Vigo, da Fundación Juana de Vega e do Proxecto SUPURBFOOD e coa colaboración do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, da UVIGO-TV , de FIARE e da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica.

 

También te puede interesar