Vigo al minuto

A folga indefinida dos traballadores de Povisa comezará o 17 de marzo á media noite

A decisión foi aprobada en asamblea de traballadores por maioría. O Comité de Empresa comunica que o próximo 17 de marzo realizarán unha folga indefinida para reivindicar as precarias condicións sociais, económicas e laborais impostas pola Dirección do Hospital. Esperan que a decisión sexa apoiada polo 100% da plantilla. A inactividade estará secundada por todos os sindicatos agás Comisións Obreiras.

Durante a xornada de onte, repartíronse entre os usuarios das instalacións notas informativas sobre o próximo acto. A Presidenta do Comité de Empresa María Jesús Neira, declaraba que «é o momento de plantarlle cara á situación porque non aguantamos máis» ante o desamparado presentado por parte da Consellería de Sanidade, da Xunta e da Dirección da empresa para sentarse a negociar.

A decisión é tomada polo «incumprimento do convenio colectivo vixente dende 2010, así como as ameazas constantes de despedimentos de compañeiros», engadía a portavoz. Os integrantes denunciaban públicamente un deterioro na calidade asistencial coas reduccións das xornadas obligatorias en diversos servizos como o quirúrxico; así como a variabilidade da cantidade do persoal sanitario segundo as horas de atención aos pacientes (de 8 a 10 horas, de 14 a 16 horas, e de 21 a 23 horas).

Ante o incumprimento das sentenzas gañadas polos traballadores e o futuro despido de 13 compañeiros de profesión, o comité salientaba «a contrariedade» da situación actual, ó localizar na páxina web do hospital ofertas de contratación laboral debido ó «exceso de acumulación de tarefas» segundo a dirección do centro sanitario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.