Galicia

O fiscal xefe pedirá lexitimidade ao fiscal xeral do Estado para intervir en demandas colectivas coma as Preferentes

O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela/Tresyuno Comunicación

A Fiscalía do Tribunal Superior Xustiza de Galicia dirixirá á Fiscalía Xeral do Estado unha proposta para pedir a lexitimación do Ministerio Fiscal para que poida intervir en procesos de demandas colectivas, como no caso dos afectados polas preferentes e subordinadas.

Así o adiantou o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, en declaracións aos medios antes de ofrecer unha conferencia no xantar-coloquio do Foro de Dereito Alumni Pontevedra de la Universidad de Navarra, este xoves en Vigo.

Varela salientou que tras o sucedido cos preto de 40.000 afectados polas participacións preferentes a Fiscalía Superior de Galicia comprobou que o ordenamento xurídico procesual «ten unha serie de lagoas cando se trata de abordar os conflitos de masa, cando as persoas prexudicadas son un grande colectivo de centos ou miles».

O fiscal xefe indicou que a lei procesual «está pensada máis ben para dirimir conflitos de persoas individuais, entre particulares, e non se adapta ben á resolución deste tipo de conflitos en que están implicados tal cantidade de persoas». Igualmente, sinalou que o proceso civil tamén ten «dificultades para canalizar este tipo de demandas colectivas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.